Coñecenos

Esta páxina na que agora estamos, e na que tal e como poderedes comprobar, intentaremos mantervos informados de tódalas noticias que se vaian producindo no eido da PATINAXE ARTÍSTICA.

En primeiro lugar todo o relacionado co Club Ánfora: Normas Xerais, Estatutos, Escolas Deportivas Municipais, Horarios de entrenamento, Convivencias, Competicións, etc…, tamén farémo-lo posible por ter á vosa disposición outro tipo de noticias de ámbito Autonómico, Nacional e Internacional relacionadas coa Patinaxe Artística.

Queremos animar a tódolos que a visiten, para que nos envíen propostas de mellora ou de inclusión de novos apartados, para entre todos conseguir unha páxina que sexa un dos puntos de referencia da Patinaxe Artística no noso país.